Nesta actividade traballaremos co código HTML que sacaremos de google maps e a forma de presentar os mapas e rutas incrustados no Blog. Deberemos enlazar e publicar no noso blog os seguintes recursos extraídos de Google Maps.
1- Un mapa coa posición da nosa casa. Se queremos manter ese dato na intimidade, usamos o cambio o Concello, que ó fin e o cabo se lle chama "A casa do Pobo". O nivel de aproximación debe de ser suficiente como para poder guiarse polas rúas. No exemplo presento unha versión en mapa de satélite e outra en callexeiro.
2- A ruta dende o Concello de Boiro (ou outro lugar relacionado convosco) ata o destino internacional que sempre quixera visitar. Dende as praias do caribe ós llanuras heladas de Siberia, pasando polas ruínas de Petra, Exipto ou Xerusalen... ou a exhuberancia urbana de New York ou Shangai. Escollemos nos e miramos os datos relacionados.
3- Unha vista co motor "street view" dun monumento ou lugar famoso e reconocible.
Podes ver exemplos despois do salto.